Georges Bizet

Acta de bautismo de Bizet (igrexa de Notre-Dame-de-Lorette (París). | datadefalecemento = 5 de xuño de 1875 | lugardefalecemento = Bougival
| instrumento = | alcume = | web = | composicióndestacada = *''Carmen'' *''Sinfonía en dó maior'' *''L'Arlésienne'' (suites 1 e 2) *''Jeux d'enfants'' *''Les Pêcheurs de perles'' | premios = Prix de Rome | parella = Geneviève Halévy | fillos = Jacques |imdb = |sinatura = }} Alexandre César Léopold Bizet, coñecido como Georges Bizet (pronunciado ), nado en París o 25 de outubro de 1838 e finado en Bougival o 3 de xuño de 1875, foi un compositor francés pertencente ao período romántico, coñecido especialmente polas súas óperas. Trátase do compositor dunha das óperas francesas máis populares de todos os tempos e que se converteu nunha das máis populares e interpretadas de todo o repertorio operístico: ''Carmen'', composta en 1875 e que foi a última obra da súa carreira curtada pola súa morte prematura e na que alcanzou escasos éxitos ata a propia ''Carmen''.

Bizet gañou varios premios ao longo da súa brillante carreira como estudante no Conservatorio de París, incluíndo o prestixioso Prix de Rome en 1857. Foi recoñecido como un pianista excepcional, aínda que preferiu non aproveitar a súa habilidade e en raras ocasións tocou en público. Logo de regresar a París tras pasar case tres anos en Italia, deuse conta de que nos principais teatros de ópera parisienses preferíase interpretar o repertorio clásico máis arraigado antes que as obras de novos compositores. As súas composicións orquestrais e para teclado foron do mesmo xeito ignoradas na súa gran maioría, o que estancou a súa carreira, polo que tivo que gañarse a vida principalmente mediante arranxos e transcricións da música doutros. Na súa procura do ansiado éxito, comezou varios proxectos teatrais durante a década de 1860, moitos dos cales abandonou. Ningunha das dúas óperas que se chegaron a poñer en escena —''Les Pêcheurs de Perles'' e ''La jolie fille de Perth''— tiveron éxito de inmediato.

Logo da guerra franco-prusiana de 1870–71, na que Bizet serviu na Garda Nacional, tivo algo de éxito coa súa ópera nun acto ''Djamileh'', aínda que a suite orquestral derivada da súa música incidental da peza teatral ''L'Arlésienne'' de Alphonse Daudet tivo un éxito instantáneo. A produción da última ópera de Bizet, ''Carmen'', foi atrasada debido ao medo de que os seus temas de traizón e asasinato puideran ofender a audiencia. Despois da súa estrea o 3 de marzo de 1875, Bizet estaba convencido de que a obra ía ser un fracaso; morreu dun ataque ao corazón tres meses máis tarde, sen saber que resultaría un éxito espectacular e duradeiro.

O matrimonio de Bizet con Geneviève Halévy foi feliz de xeito intermitente e froito do cal tiveron un fillo. Logo da súa morte, as súas composicións, agás ''Carmen'', estiveron en xeral desatendidas. Regaláronse ou perdéronse os manuscritos e as versións publicadas das súas obras frecuentemente eran revisadas e adaptadas por terceiros. Non creou escola nin tivo discípulos nin sucesores evidentes. Tras anos de abandono, as súas obras comezáronse a interpretar de novo con máis frecuencia no século XX. Críticos posteriores proclamárono como un compositor de gran brillantez e orixinalidade cuxa morte prematura significou unha gran perda para a música teatral francesa. Provided by Wikipedia
Showing 141 - 77 results of 77 for search 'Bizet, Georges, 1838-1875.', tempo de consulta: 0.03s Limitar resultados