James Joyce

Estatua de Joyce preto da rúa O'Connell en [[Dublín James Augustine Aloysius Joyce, nado en Rathgar, actualmente un barrio de Dublín, o 2 de febreiro de 1882 e finado en Zürich (Suíza) o 13 de xaneiro de 1941, foi un novelista, escritor de relatos curtos, poeta, profesor e crítico literario irlandés. Contribuíu ao movemento das vangardas do modernismo e está considerado como un dos autores de maior influencia e relevancia do século XX. A súa obra máis coñecida é ''Ulises'' (1922), unha obra emblemática na que fai unha correspondencia con cada episodio da ''Odisea'' de Homero usando unha gran variedade de estilos literarios, entre os que destaca o seu afamado monólogo interior. Outras obras ben coñecidas de Joyce son o volume de contos ''Dublineses'' (1914), e as novelas ''Retrato do artista cando novo'' (1916), e ''Finnegans wake'' (1939). Outros escritos seus inclúen tres libros de poesía, unha obra de teatro, as súas cartas publicadas e traballos xornalísticos ocasionais.

Joyce naceu no seu dunha familia de clase media. A pesar da caótica vida familiar imposta polas impredicibles finanzas do seu pai, foi un brillante estudante que asistiu brevemente á escola O'Connell, dirixida por Christian Brothers, antes de destacar nas escolas xesuítas de Clongowes e Belvedere. Continuou os seus estudos no University College Dublin.

En 1904, cando tiña pouco máis de vinte anos, emigrou a Europa continental coa súa parella, e máis tarde esposa, Nora Barnacle. Viviron en Trieste, París e Zürich. Aínda que a maior parte da súa vida adulta viviuna no estranxeiro, o universo ficticio de Joyce céntrase en Dublín e está poboado en gran parte por personaxes que se asemellan moito a familiares, inimigos e amigos da súa época alí. Ulises, en particular, está ambientado con precisión nas rúas e as calellas da cidade. Pouco despois da publicación de Ulises, elucidou esta preocupación dalgunha maneira dicindo: "Para min, sempre escribo sobre Dublín, porque se podo chegar ao corazón de Dublín podo chegar ao corazón de todas as cidades do mundo. No particular está contido o universal". Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 231 for search 'Joyce, James, 1882-1941.', tempo de consulta: 0.07s Limitar resultados
1
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1956

Audio Libro
2
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1959

Audio Libro
3
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1962

Libro
4
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1966

Libro
5
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1963

Audio Libro
6
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1993

Libro
7
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 2000

Audio Libro
8
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1960

Libro
9
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1958

Libro
10
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1967

Libro
11
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1939

Libro
12
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1978

Libro
13
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1991

Libro
14
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1978

Libro
15
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1986

Libro
16
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1995

Libro
17
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1961

Libro
18
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1987

Libro
19
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1957

Libro
20
por Joyce, James, 1882-1941
Publicado 1951

Audio Libro