Gustav Mahler

Iglau}}) onde creceu Mahler. | lugardefalecemento = Viena
25px Imperio Austrohúngaro | instrumento = | alcume = | web = | composicióndestacada = | premios = | parella = Alma Marie Schindler | fillos = Marie e Anna |sinatura = Mahler-signature.svg }} Gustav Mahler, nado en Kaliště, Bohemia (actualmente República Checa) o 7 de xullo de 1860 e finado en Viena o 18 de maio de 1911, foi un compositor e director de orquestra bohemio-austríaco. As súas composicións atópanse entre as obras máis importantes do Posromanticismo.

Nas primeiras décadas do século XX, Gustav Mahler era considerado un dos máis importantes directores de orquestra e de ópera do seu momento. Logo de graduarse no Conservatorio de Viena en 1878, foi sucesivamente director de varias orquestras cada vez máis importantes en diversos teatros de ópera europeos, chegando en 1897 á que daquela era considerada a máis notable, a dirección da Ópera da Corte de Viena (''Hofoper''). Durante os seus 10 anos na capital austríaca, Mahler —xudeu converso ao catolicismo para asegurarse o seu posto— sufriu a oposición e hostilidade da prensa antisemita. Porén, grazas ás súas innovadoras producións e á insistencia nos máis altos niveis de representación gañou o recoñecemento como un dos máis grandes directores de ópera, particularmente como intérprete das óperas de Richard Wagner e Wolfgang Amadeus Mozart. Posteriormente, foi director da Metropolitan Opera e da New York Philharmonic Orchestra.

Como compositor centrou os seus esforzos na forma sinfónica e no ''lied''. A Segunda, Terceira, Cuarta e Oitava sinfonías e ''Das Lied von der Erde'' (''A canción da Terra'') conxugaron nas súas partituras ambos xéneros. El mesmo advertía que compoñer unha sinfonía era “construír un mundo con todos os medios posibles”, polo que os seus traballos neste campo se caracterizaban por unha heteroxeneidade moi ampla. Introduciu elementos de diferente procedencia como melodías folclóricas, marchas, fanfarras militares, mediante un uso persoal do acorde, entrecortando ou alongando inusitadamente as liñas melódicas, acoplados ou xustapostos no interior do marco formal que absorbeu da tradición clásica vienesa. As súas obras sinfónicas adquiriron excesivas proporcións e incluíu harmonías disonantes que superan o cromatismo empregado por Wagner na súa ópera ''Tristan und Isolde''. O aspecto de desorde que resultaba, co esforzo extra que demandaba recoñecer algunha formalidade “clásica” na súa estrutura, xerou a incomprensión da súa música, atraendo unha hostilidade case xeral, pese ao apoio dunha minoría entusiasta entre a que se contaban os membros da Segunda Escola de Viena, que o tiñan polo seu máis directo precursor.

Entre as súas obras, cabe sinalar as súas nove sinfonías rematadas (dez, se se inclúen os bosquexos da Décima) e varios ciclos de cancións ou ''lieder''. As súas principais coleccións de cancións son: ''Lieder eines fahrenden Gesellen'' (''Cancións dun compañeiro de viaxe''); o ciclo  ''Des Knaben Wunderhorn (O corno máxico da xuventude)'', baseado nunha recompilación de cantos folclóricos alemáns; ''Kindertotenlieder (Cancións aos nenos mortos)'' e as cancións ''Rückert-Lieder'', baseándose en ambos casos nos textos do poeta alemán ''Friedrich Rückert''; tamén, a renovadora síntese de sinfonía-ciclo de cancións ''Das Lied von der Erde'', con letra de poemas traducidos do chinés ao alemán.

A revitalización de Mahler, ao igual que a de Anton Bruckner, foi lenta e viuse atrasada a causa da súa grande orixinalidade e do auxe do nazismo en Alemaña e Austria , pois a súa condición de xudeu catalogou á súa obra como “dexenerada” e “moderna”. O mesmo sucedeu con outros compositores, caídos en desgraza no Terceiro Reich. Só ao final da segunda guerra mundial e pola decidida labor de directores como Bruno Walter, Otto Klemperer e, máis tarde, Bernard Haitink ou Leonard Bernstein, a súa música comezou a interpretarse con máis frecuencia no repertorio das grandes orquestras, encontrándose entre os compositores máis destacados na historia da música. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 140 for search 'Mahler, Gustav, 1860-1911', tempo de consulta: 0.08s Limitar resultados
1
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1911
Outros autores: ...Mahler, Gustav, 1860-1911...

Partituras Libro
2
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1968

Audio
3
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1964
Outros autores: ...Mahler, Gustav, 1860-1911...

Audio
4
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1970
Outros autores: ...Mahler, Gustav, 1860-1911...

Audio
5
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1960

Audio
6
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1964

Audio
7
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1956

Audio
8
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1969

Audio
9
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1970

Audio
10
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1969

Audio
11
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1968
Outros autores: ...Mahler, Gustav, 1860-1911...

Audio
12
13
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1955

Audio
14
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1959
Outros autores: ...Mahler, Gustav, 1860-1911...

Audio
15
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1960
Outros autores: ...Mahler, Gustav, 1860-1911...

Audio
16
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1971

Audio
17
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1974

Audio
18
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1973

Audio
19
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1963

Audio
20
por Mahler, Gustav, 1860-1911
Publicado 1968

Audio