Michael Schumacher

Coche co que Schumacher gañou o título alemán de [[Fórmula 3 Michael Schumacher (pronunciado [//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/58/De-Michael-Schumacher.ogg ]), nado en Hürth o 3 de xaneiro de 1969, é un ex-piloto alemán de Fórmula 1 que competiu entre 1991 ata 2006 e dende 2010 ata o 2012. Gañou sete campionatos mundiais de Fórmula 1: dous coa escudaría Benetton en e , e cinco con Ferrari entre e , Tamén foi subcampión en e , terceiro en , e , cuarto en e quinto en . Acumulou 91 vitorias e 155 podios, e está considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula Un de todos os tempos. Foi nomeado Laureus World Sportsman of the Year dúas veces.

Posúe moitas das marcas de pilotos de Fórmula 1, incluíndo o maior número de campionatos, vitorias, voltas rápidas, poles e a maioría de carreiras gañadas nunha soa tempada, 13 en (a última destas marcas foi igualada polo seu compatriota alemán Sebastian Vettel nove anos máis tarde). En , converteuse no único piloto na historia da Fórmula Un en terminar entre os tres primeiros en todas as carreiras da tempada e logo tamén rompeu a marca de máis podios consecutivos. De acordo coa web oficial da Fórmula Un, é "estatisticamente o piloto máis grande que viu o deporte".

Logo de comezar co karting, Schumacher gañou os campionatos de pilotos alemáns de Fórmula 3 e Fórmula König antes de unirse a Mercedes no World Sportscar Championship. Logo dunha carreira financiada por Mercedes fichou polo equipo Jordan de Fórmula Un, Schumacher asinou como piloto para o equipo Benetton de Fórmula Un en 1991, terminando terceiro en 1992 e cuarto en 1993, Schumacher converteuse no primeiro alemán campión do mundo de pilotos en por un punto sobre Damon Hill. En repetiu o éxito, esta vez cun maior marxe. Schumacher mudouse a Ferrari en e estivo preto de gañar os títulos de e , antes de romper a perna no Gran Premio do Reino Unido de 1999. A continuación gañou cinco títulos de pilotos consecutivos de a . Schumacher retirouse da Fórmula Un en 2006, quedando en Ferrari como asesor. Estivo preto dun oitavo título ese ano, pero debido a problemas técnicos nas dúas últimas carreiras quedou a pouca distancia de Fernando Alonso. Estivo a punto de volver para Ferrari en 2009, como substituto do gravemente ferido Felipe Massa, pero non puido debido a unha lesión no pescozo e regresou á Fórmula Un de forma permanente a partir de 2010 co equipo Mercedes. Retirouse por segunda vez na conclusión da tempada 2012.

A súa carreira non estivo exenta de polémicas, incluíndo provocar en dúas ocasións colisións na última carreira da tempada que determinaron o resultado do Campionato do Mundo, con Damon Hill na tempada de en Adelaide e con Jacques Villeneuve na tempada de en Xerez. Fóra da pista Schumacher foi embaixador da UNESCO e voceiro de seguridade dos pilotos. Participou en numerosos esforzos humanitarios en toda a súa vida e doou decenas de millóns de dólares á caridade. Schumacher e o seu irmán menor, Ralf, son os únicos irmáns que gañaron carreiras na Fórmula Un, e foron os primeiros irmáns en terminar primeiro e segundo na mesma carreira, unha fazaña que repetiron en catro carreiras posteriores.

En decembro de 2013, sufriu unha lesión grave na cabeza mentres esquiaba. Foi trasladado en helicóptero a un hospital e provocóuselle un coma inducido, logo de sufrir unha lesión cerebral traumática. Estivo en coma durante seis meses desde o 29 de decembro 2013 ata o 16 de xuño de 2014. Abandonou o hospital en Grenoble para recibir rehabilitación no Hospital Universitario (CHUV) de Lausana . O 9 de setembro de 2014, regresou á súa casa para a súa posterior rehabilitación. En novembro de 2014, informouse de que Schumacher estaba paralizado e en cadeira de rodas, como consecuencia do accidente. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 11 results of 11 for search 'Schumacher, Michael, 1950-', tempo de consulta: 0.04s Limitar resultados
1
por Schumacher, Michael, 1950-
Publicado 1992

Libro
2
por Schumacher, Michael, 1950-
Publicado 1994

Libro
3
por Schumacher, Michael, 1950-
Publicado 2013

Libro
4
por Schumacher, Michael, 1950-
Publicado 1990

Libro
5
por Schumacher, Michael, 1950-
Publicado 1999

Libro
6
por Schumacher, Michael, 1950-
Publicado 2016

Libro
7
por Schumacher, Michael, 1950-
Publicado 2018

Libro
8
por Ginsberg, Allen, 1926-1997
Publicado 2018
Outros autores: ...Schumacher, Michael, 1950-...

Libro
9
por Ginsberg, Allen, 1926-1997
Publicado 2017
Outros autores: ...Schumacher, Michael, 1950-...

Libro
10
por Ginsberg, Allen, 1926-1997
Publicado 2020
Outros autores: ...Schumacher, Michael, 1950-...

Libro
11
por Ginsberg, Allen, 1926-1997
Publicado 2001
Outros autores: ...Schumacher, Michael, 1950-...

Libro